Ven a coñecernos!
Quero concertar unha entrevista
en Colexio Compañía de María e recibir máis información
Colexio Plurilingüe Compañía de María
CANGAS
PREPARADOS
PARA A VIDA
ESTUDA SECUNDARIA EN COMPAÑÍA MARÍA DE CANGAS
A etapa da ESO é unha etapa de consolidación de todas as aprendizaxes.
Desde o colexio acompañamos os alumnos no seu propio crecemento persoal. Contribuímos a desenvolver as súas habilidades sociais e académicas con autonomía e espírito crítico.
- Preparación para o Bacharelato e Formación Profesional
- Desenvolvemento de habilidades críticas e de investigación
- Formación en autonomía e xestión do tempo
- Enfoque interdisciplinario e experimental
- Fomento dunha mentalidade aberta e global
ESTUDA SECUNDARIA EN COMPAÑÍA DE MARÍA DE CANGAS

100 anos educando
O Colexio Compañía de María de Cangas é un centro concertado plurilingüe que en 1925 abriu as súas portas e que oferta unha educación escolar completa desde Educación Infantil ata Secundaria.

87 Colexios no mundo
Compañía de María é parte dunha rede educativa con 87 centros no mundo, que impulsa unha visión global e coloborativa en cada estudante.

17.535 Alumnos en España
Unha comunidade de 17.535 alumnos en España fórmase nos nosos centros, desenvolvendo o seu potencial académico e persoal.

1.242 Profesores en España
Con 1242 docentes en España, Compañía de María garante unha educación de calidade, centrada no crecemento e o acompañamento constante.
Descubre como formar parte da nosa comunidade educativa.
Contacta hoxe con nós e dá o primeiro paso cara a un futuro cheo de oportunidades!
VANTAXES DE ESTUDAR SECUNDARIA EN COMPAÑÍA DE MARÍA DE CANGAS
Gamificación
Gamificación
Lógrase un maior compromiso por parte dos estudantes no proceso educativo. Aumenta o atractivo dos procesos de aprendizaxe, a innovación e a diversión.Traballo por Proxectos
Traballo por Proxectos
Os estudantes son protagonistas da súa propia aprendizaxe, desenvolvendo a súa autonomía e responsabilidade.
Aprendizaxe Cooperativa
Aprendizaxe Cooperativa
Aprender a organizarse en equipo, planificación do traballo, establecer obxectivos, respectar e valorar as opinión dos compañeiros.Educación Emocional
Educación Emocional
Potenciamos o traballo coas emocións para que os alumnos adquiran as habilidades necesarias para desenvolverse no mundo e ser felices, e ensinámoslles a regular e dirixir as súas emocións e a non deixarse levar por elas
PROXECTOS DE INNOVACIÓN
Ademais complementamos a formación dos nosos alumnos de Secundaria con diversos proxectos de innovación enfocados ao seu futuro académico, sexa Universitario ou a través da Formación profesional.
POLOS CREATIVOS
POLOS CREATIVOS
Programa de innovación no que desde a óptica dun mundo dixitalizado e interconectado, intégranse capacidades como o pensamento computacional, o pensamento crítico, a resolución de problemas, a creatividade e o pensamento de deseño, entre outras, desde unha óptica de traballo colaborativo.
CLUB DE LECTURA
CLUB DE LECTURA
O club de lectura considérase unha das fórmulas máis interesantes para o fomento da lectura, en xeral, e entre os adolescentes en particular.
PROGRAMA DE SEGUIMENTO DE LIXOS MARIÑOS
PROGRAMA DE SEGUIMENTO DE LIXOS MARIÑOS
O programa de seguimento de lixos mariños nas praias de Cangas, é un proxecto de investigación realizado polos alumnos de 4º de Bioloxía e Xeoloxía do colexio Compañía de María de Cangas.
FARO DA ESCOLA
FARO DA ESCOLA
Proxecto editorial de Faro de Vigo que pretende achegar a prensa e os xornais aos centros educativos da cidade de Vigo e a súa área metropolitana.
PARLAMENTO XOVE
PARLAMENTO XOVE
Programa de innovación educativa que consiste nun certame de oratoria no que se compite por demostrar as habilidades dialécticas, a agudeza das reflexións, a curiosidade intelectual e a capacidade de procura de datos para enriquecer a argumentación.
RADIO NA ESCOLA: ”RADIO COMPA”
RADIO NA ESCOLA: ”RADIO COMPA”
Utilizamos a radio escolar como ferramenta didáctica que favorece o desenvolvemento de competencias comunicativas, habilidades sociais e cidadáns, e a autonomía persoal da aprendizaxe.
PLAN DIRECTOR
PLAN DIRECTOR
Persegue previr calquera risco que afecte á seguridade e ao benestar dos nosos menores e xóvenes na escola e a súa contorna.
INICIACIÓN SEGURA Á PEGADA DIXITAL E ÁS REDES SOCIAIS
INICIACIÓN SEGURA Á PEGADA DIXITAL E ÁS REDES SOCIAIS
Programa que capacita ao alumnado no uso responsable das TIC, reforzando a competencia en redes sociais, explicando a identidade dixital, axudando a configurar a privacidade e ofrecendo ferramentas de axuda.
Colexio Plurilingüe Compañía de María – Cangas
info@ciamariacangas.es
Rúa Enseñanza, 15 – 36940 Cangas
Tel: 986 300 580