EN
COMPAÑÍA
Portas Abertas curso 26/27
Gran XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Venres 20 de febreiro. 17:30 h
Ven coñecernos! Inscríbete na nosa Gran Xornada de Portas Abertas e coñece de primeira man as nosas instalacións e o proxecto pedagóxico Prazas limitadas
- Recepción das familias
- Presentación do Proxecto Pedagóxico
- Visita guiada polas nosas instalación
Estou interesado/a en asistir á Xornada de Portas Abertas que se celebrará no Colexio Compañía de María de Cangas o vindeiro VENRES 20 DE FEBREIRO de 2026, ás 17:30h
EDUCAR É
acender unha chama
NON ENCHAS UN RECIPIENTE
EN BOA
compañía
Por que elixir o noso colexio
O Colexio Compañía de María de Cangas iniciou o seu camiño educativo en 1925 cunha vocación clara: ofrecer unha educación integral, próxima e transformadora, atenta a cada alumno e ás necesidades do seu tempo
Ao longo dos anos, o centro soubo evolucionar para responder aos cambios sociais e educativos, mantendo sempre a súa esencia: acompañamento personalizado, coidado das persoas e unha educación humanizadora
Hoxe somos un colexio aberto, integrador e coeducativo, que aposta por unha educación personalizada, o traballo cooperativo e o desenvolvemento equilibrado das dimensións académica, emocional, social e ética do alumnado
Con máis de 400 alumnos nas nosas aulas, educamos para a vida fomentando o pensamento crítico, a solidariedade, a xustiza, o respecto polo contorno e a autonomía persoal, para que cada estudante medre con responsabilidade, sentido e unha mirada aberta ao futuro
O noso colexio en datos
Máis dun século formando persoas con valores e compromiso. Cada cifra reflicte o traballo, a ilusión e a confianza dunha comunidade educativa que medra, acompaña e mira ao futuro.
100
Anos
de historia centrados na educación desde a nosa creación en 1925
3-16
Anos
Desde Infantil ata Secundaria
1ª
Orde feminina
apostólico dedicado
á ensinanza.
Centro examinador
Oxford Test
of English
+ 400
Alumnos
forman parte do noso colexio
100%
Claustro estable
Oferta EDUCATIVA
No colexio Compañía de María Cangas educamos desde o corazón, poñendo a cada persoa no centro do proceso. Somos un centro concertado plurilingüe que, desde Infantil ata Secundaria, ofrece unha educación que acompaña, impulsa e forma para a vida. Apostamos por unha aprendizaxe activa, personalizada e con sentido, que desenvolve competencias, valores e habilidades para afrontar con éxito os retos do futuro
INFANTIL
3-6 ANOS
Aprendizaxe vivencial e creativa nun ambiente de confianza, onde os nenos fortalecen a súa linguaxe, desenvolven habilidades sociais e descobren o pracer de aprender.
PRIMARIA
6-12 ANOS
Etapa orientada ao desenvolvemento do pensamento crítico, da autonomía e da cooperación. A aprendizaxe adáptase a cada ritmo e talento, cunha comunicación constante entre a familia e a escola.
SECUNDARIA
12-16 ANOS
Formación que impulsa a madurez persoal, a responsabilidade e a construción do propio proxecto vital. Consolídanse coñecementos e competencias que preparan para o Bacharelato e a vida adulta.
Educamos con PROPÓSITO.
Construímos FUTURO.
A misión de Compañía de María Educación materialízase en seis piares estratéxicos que configuran a nosa forma de educar, acompañar e transformar a sociedade. Son o corazón do noso proxecto e o horizonte que compartimos en toda a nosa rede de centros.
PROXECTO
Humanismo cristián
e evanxelización
Inspirados en Xesús de Nazaré e no legado de Santa Xoana de Lestonnac, educamos desde a fe e os valores evanxélicos, con proximidade, interioridade e compromiso social.
PROXECTO
Excelencia educativa
e innovación pedagóxica
Apostamos por unha educación actual, esixente e transformadora. Empregamos metodoloxías activas, tecnoloxías educativas e propostas que estimulan o pensamento crítico e creativo.
O educador como acompañante
e benestar integral
O noso profesorado non só ensina, tamén acompaña. Son referentes que guían procesos persoais e académicos, promovendo contornas de confianza e coidado.
Compromiso social
e sustentabilidade
Formamos persoas solidarias e responsables co seu contorno. A xustiza, o coidado da Casa Común e a cooperación internacional, a través de FISC, forman parte esencial da nosa identidade.
Rede, comunidade e sentido de pertenza
Somos máis que un conxunto de colexios: somos na comunidade viva, na rede de redes conectada entre si e co mundo, que valora o vínculo, a identidade compartida e a memoria común.
Aprendizaxe personalizada e atención á diversidade
Cremos no potencial único de cada persoa. Acompañamos os distintos ritmos, talentos e necesidades, adaptando camiños e ofrecendo oportunidades para que todos poidan medrar
Vén coñecernos!
Inscríbete na nosa GRAN XORNADA DE PORTAS ABERTAS o venres 20 de FEBREIRO de 2026, ás 17:30 h, e coñece de primeira man as nosas instalacións e o noso proxecto pedagóxico. Prazas limitadas
- Recepción das familias
- Presentación do Proxecto Pedagóxico
- Visita guiada polas nosas instalación